O Concello de Vigo abre a convocatoria municipal de subvencións do bono taxi

Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo abre a convocatoria municipal de subvencións do bono taxi

Abel Caballero trasladou que o Boletín Oficial da Provincia publica hoxe mércores a convocatoria municipal de subvencións do bono taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas con discapacidade na súa mobilidade.

O orzamento municipal ao efecto ascende a 25.000 euros e a concesión é en réxime de concorrencia competitiva. O prazo de presentación de solicitudes comeza este xoves, 30 de maio, e estará aberto durante 20 días naturais.