O Concello de Vigo abre un proceso interno para aclarar porque a Policía Local identifico as participantes nunha performance o 8M

Publicado por o día 09/03/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo abre un proceso interno para aclarar porque a Policía Local identifico as participantes nunha performance o 8M

O Concello comunica que abrirá un proceso de información interna para aclarar por que a Policía Local identificou este pasado domingo a un grupo de mulleres que estaban realizando unha performance na contorna do Farola de Urzáiz no contexto dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.

O Goberno Local acudiu onte a unha grande manifestación e quere felicitar á organización da mesma, ás persoas participantes e ás mulleres que realizaron as performance.

“Queremos reiterar a nosa satisfacción pola celebración deste acto e agardaremos polo resultado deste proceso de información interna”, finaliza nunha nota enviada aos medios.