O concello de Vigo adxudicou a vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en dez praias de Vigo

Publicado por o día 28/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O concello de Vigo adxudicou a vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en dez praias de Vigo

A Xunta de Goberno Local adxudicou a vixilancia, socorrismo, salvamento e asistencia sanitaria en dez praias de Vigo para este verán. Segundo apuntou o alcalde, o servizo -que ronda o millón de euros para este e o próximo ano- prestarase na Punta, en Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras, desde mediados de xuño ata mediados de setembro.

Este contrato tamén inclúe a seguridade e accesibilidade ao baño das persoas con mobilidade reducida, as cadeiras anfibias nos meses de xullo e agosto no Vao e Samil, co mesmo sistema de funcionamento que en veráns anteriores.


Abel Caballero vinculou estes servizos á renovación das doce distincións que Bandeiras Azuis concedeu a Vigo este ano, todas as que solicitou o Concello. A cidade conta coas nove praias pedidas e con tres sendeiros azuis: Camiño do Lagares, Senda entre faros nas Illas Cíes e Senda litoral e do monte da Guía.

Asociacionismo

O goberno vigués aprobou as bases para conceder 298.000 euros de apoio ás entidades veciñais e culturais da cidade sen ánimo de lucro. Caballero afirmou que a convocatoria, que se resolverá por concorrencia competitiva, prevé adicar unha metade do importe total a subvencionar gastos de mantemento das asociacións e a outra metade, a obras e adquisición de material e equipamento por parte destas.