O Concello de Vigo amplía o plan de mellora en campos de fútbol a un total de 14 instalacións

Abel Caballero avanzou que xa están licitadas as obras en cinco campos, outros cinco están en proceso de aprobación e preparan convenios para actuar en catro máis.
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo amplía o plan de mellora en campos de fútbol a un total de 14 instalacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns de que o Concello de Vigo levará a cabo obras nun total de 14 campos de fútbol de cidade para a renovación do céspede e mellora no alumeado e instalacións.

Segundo explicou o rexedor, actualmente están licitados cinco campos de fútbol por valor de 1,7 millóns (Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouzas e Baltasar Pujales de Bouzas), cinco máis están en proceso e proxecto de aprobación (Sárdoma-Moledo, A Mina, Samil, A Guía e Comesaña) e outros catro en proceso de convenio (Valadares, San Miguel de Oia, Matamá e Fragoselo).

“Temos en marcha a renovación dun total de 14 campos de fútbol e por suposto que imos a facer a reforma do campo da Guía, onde estamos esperando por unha autorización de Costas, e inmediatamente haberá licitación e obra”, sinalou Caballero.

O alcalde tamén indicou que en Sárdoma é necesario primeiro facer unha obra para arranxar un desprendemento e en Comesaña o Concello agarda por un informe de Augas de Galicia. Ademais, a reforma do campo da Mina será licitada a vindeira semana e en Samil está pendente a autorización da ocupación de terreos de zona marítima.