O Concello de Vigo anima a colaborar coa música solidaria do VII Festival Rock Children

A sétima edición do evento programa cinco xornadas de música en directo no Auditorio de Teis, La Fábrica de Chocolate, Reserva Rock, Sala Master e Sala Transilvania co obxectivo de recadar alimentos e fondos para AFAN.
Publicado por o día 17/12/2019 na sección de Concello de Vigo,Eventos,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo anima a colaborar coa música solidaria do VII Festival Rock Children

O Concello de Vigo acolleu este martes a presentación do VII Festival Rock Children, evento benéfico que recadará fondos e alimentos para a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN). A concelleira Yolanda Aguiar destacou a función social do evento, amais da calidade dos concertos.

O VII Rock Children desenvólvese en Vigo entre o 18 e o 22 de decembro co fin de recadar fondos e comida para entregar de forma íntegra a AFAN a través da venda das entradas (de 5 a 15 euros) e coa recollida de alimentos. Na presentación do festival estiveron presentes Jorge Rodríguez, da Sala Transylvania, e o músico Fran Vázquez.

O programa desta sétima edición organizada por varios locais de hostalería e músicos de Vigo queda da seguinte maneira:

18 de decembro
Sala: La Fabrica de Chocolate
20:30 h
Entrada 10 euros
Grupos: Malkeda – Jhohander – School (Tributo a Nirvana)

19 de decembro
Sala: Reserva Rock
21:00 h.
Entrada: 5 euros
Grupo: Alfeizar

20 de decembro
Sala: Master
21:30 h.
Entrada: 15 euros
Grupos: Jollin Joccker, Daeria, Polisons, Pültur.

21 de decembro
Sala: Transylvania
20:30 h.
Entrada: 15 euros
Grupos: Nortem, Lethalvice, Elefantes Mutilados, Lapsus Mentis

22 de decembro
Auditorio Centro Municipal de Teis
18:00 h.
Entrada: 5 euros
Alumnos do Centro de Musica Moderna de Ponteareas

Comentar noticia

Your email address will not be published.