O Concello de Vigo aprobará este xoves a ordenación urbanística provisional

A Xerencia municipal de Urbanismo valida este xoves o instrumento de medidas provisionais de ordenación, unha vez concluído o procedemento de notificacións -máis de 47.000- e resolución das 428 alegacións presentadas. Segundo o documento, as parcelas incluídas poderán recuperar a ordenación urbanística que tiñan no PXOM de 2008 anulado.
Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo aprobará este xoves a ordenación urbanística provisional

A Xerencia municipal de Urbanismo valida este xoves o instrumento de medidas provisionais de ordenación, unha vez concluído o procedemento de notificacións -máis de 47.000- e resolución das 428 alegacións presentadas. Segundo o documento, as parcelas incluídas poderán recuperar a ordenación urbanística que tiñan no PXOM de 2008 anulado.

O Concello de Vigo, tal e como reflicte o expediente, vén de elaborar un instrumento de ordenación provisional que recupera o previsto no Plan de 2008 en determinadas zonas de solo urbano consolidado, nalgúns sistemas xerais e en dous polígonos de solo urbano non consolidado (Tomás Paredes e Esturáns).

Previo á aprobación por parte da Xerencia de Urbanismo, o Concello notificou a máis de 47.000 interesados e rexistrou 428 alegacións. Na reunión deste xoves recibirán o visto bo o informe de alegacións e o instrumento de ordenación provisional, que poderá entrar en vigor despois da súa ratificación polo Pleno da Corporación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.