O concello de Vigo asina convenio coa Asociación Alborada

Publicado por o día 23/05/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O concello de Vigo asina convenio coa Asociación Alborada

O rexedor vigués informou de dous asuntos abordados na última Xunta de Goberno Local en materia de política social. Así, a administración viguesa aprobou o convenio de colaboración coa Asociación Alborada para levar adiante o programa “Verdear” de incorporación social a través da agricultura ecolóxica, para o que o Concello achega 10.000 euros.

A proposta, abondou Caballero, procura a mellora da calidade de vida e a incorporación social dos usuarios da Asociación, promovendo o coñecemento das técnicas de traballo da agricultura ecolóxica.

En segundo lugar, o goberno de Vigo deu conta da concesión do servizo de teleasistencia domiciliaria, un apoio que prestou en 2017 a 574 persoas. Revelou Caballero que o 91% dos beneficiarios son mulleres, o 82% viven soas, o 81% son maiores de 80 anos e o 78% son viúvas.

O alcalde vigués puxo en valor un servizo que supón acompañamento e asistencia as 24 horas do día e os 365 días do ano mediante medios telemáticos. O Concello de Vigo adica ao efecto 72.000 euros anuais.