O Concello de Vigo dedicará en 2019 un total de 2,4 millóns a axudas a familias sen recursos

Abel Caballero informou este xoves da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. Ademais, outros 842.00 euros serán par fondos de emerxencias.
Por o 14/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello de Vigo dedicará en 2019 un total de 2,4 millóns a axudas a familias sen recursos

Abel Caballero informou este xoves da aprobación das bases e convocatoria do coñecido como cheque social, 1.640.000 euros en axudas para pagos de vivenda, enerxía e alimentación para familias con escasos recursos. Ademais, outros 842.00 euros serán par fondos de emerxencias.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves as bases da convocatoria das axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación, máis coñecido como o cheque social, cun importe total de 1,6 millóns de euros.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou en rolda de prensa que en 2018 houbo un total 5.611 axudas concedidas a 1.937 solicitantes. No que se refire á partida do 2019, o rexedor sinalou que existe un apoio total a materia antidesahucios de 2, 48 millóns de euros, dos que a axuda a fondos de emerxencias corresponde 842.000 euros e ao cheque social outros 1,6 millóns.

Colexio García Barbón

Doutra banda, a Xunta de Goberno tamén aprobou a clasificación de ofertas das obras de cubrición do patio do Colexio García Barbón cun importe de licitación de 200.000 euros. “A obra poderá comezar nun mes, pero falaremos co centro por se queren facelas unha vez acabado o curso”, sinalou Caballero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.