O concello de Vigo denunciado por suposta “omisión de soocorro”

Juan Carollo, membro da acampada contra a pobreza, presentou unha denuncia no xulgado de garda
Publicado por o día 06/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

O concello de Vigo denunciado por suposta “omisión de  soocorro”
O activista Juan Carollo, membro da Acampada contra a Pobreza de Vigo, no seu nome presentou unha denuncia no xulgado de garda para que se investigue un suposto delito de omisión do deber de socorro por parte dos servizos sociais do Concello de Vigo, da Policía Local e da Cruz Vermella.
 
Na rolda de prensa realizada esta mañá pasada, Carollo, informou que esta denuncia presentouse tras constatar que centos de usuarios “quedan fóra” do albergue cada mes por falta de prazas, e que nin o Concello, nin a Policía Local nin a Cruz Vermella -que xestiona o albergue- dan unha alternativa a estas persoas, tras isto os usuarios e usuarias do albergue optan por tres vias, unha non ir máis ao albergue outra durmir ao raso en caixeiros ou suportais ou son acollidos no campamento.
 
Sinalou que, desde principios de ano, unhas 1.200 persoas foron acollidas na Acampada da Pobreza por non ter praza no albergue e, só no mes de outubro, foron 194 persoas afectadas.
 
Na denuncia, Carollo fai constar o “vergoñoso abandono de funcións” do Concello, que fai “caso omiso” das denuncias sobre esta situación, e lamentou que non haxa un centro de inclusión e actividades para persoas ‘sen teito’, de modo que non teñan que estar “a deambular” pola rúa.
 
Así mesmo, advertiu de que hai “un albergue acabado e pechado” desde xullo na rúa Toledo -da asociación Dignidade- e que non se abre, a pesar das 18 camas que ofrece.
 
Finalmente, a presidenta da Federación Veciñal Eduardo Chao, María Pérez, constatou que “a situación do albergue é insustentable” e que os servizos sociais do Concello de Vigo están saturados, o que se traduce en ausencia de alternativas tanto para os ‘sen teito’, como para as familias en risco de desafiuzamento, ou para aquelas que dependen de axudas sociais. “É incrible que haxa que chegar ao xulgado para denunciar isto nunha cidade onde hai superávit”, condenou.