O concello de Vigo deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao toxicómano Érguete

Publicado por o día 13/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O concello de Vigo deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao toxicómano Érguete

O goberno local tamén deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao toxicómano Érguete para a continuidade do Programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes. O rexedor detallou que esta subvención de 45.000 euros ten por obxectivo financiar un programa de apoio residencial dirixido a persoas drogodependentes en tratamento que teñen alcanzado unha estabilidade no seu proceso terapéutico e necesitan dun recurso deste tipo para progresar na súa incorporación social. Trátase de que o usuario se adapte ao medio social a través dun programa de residencia temporal nunha vivenda normalizada coa supervisión de profesionais.

Outro dos convenios aprobados polo Goberno local foi coa Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia- Afaga. Cun importe de 18.000 euros, servirá para financiar un programa de respiro familiar a través de sesións de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencia neurodexenerativa.