O Concello de Vigo dí que esta a traballar e a prestar a parealla que tivo que abandonar a súa vivenda por orde xudicial

Publicado por o día 27/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo dí que esta a traballar e a prestar a parealla que tivo que abandonar a súa vivenda por orde xudicial

O Concello de Vigo baixo un comunicado ven manifestar sobre a atención que o Concello está a prestar á parella que tivo que abandonar a súa vivenda por orde xudicial, situación da que se fan eco hoxe algúns medios de comunicación.

Segundo o Concello esta familia está a ser atendida polos servizos sociais do Concello, con reunións mantidas pola asistenta social e pola concelleira de Benestar, Yolanda Aguiar, incluso esta mesma semana. Segundo o goberno de Vigo tramitoulles axudas de emerxencia e abonou o importe correspondente das dúas semanas que pasaron nun hotel da cidade.

Ademais, o Concello ten o compromiso de que, unha vez atopen unha nova vivenda en alugueiro, o Concello farase cargo do custo dos dous ou tres primeiros meses do novo arrendamento. Por outra banda, e como solución transitoria, está á súa disposición o centro de inclusión e emerxencia social. O albergue municipal e o dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres, financiado polo Concello, contan con doce prazas vacantes de media ao longo deste mes de xullo, segundo nos trasmite o Concello de Vigo.

É preciso recordar que esta parella non pode acollerse ao programa Reconduce da Xunta de Galicia xa que o goberno presidido por Núñez Feijóo exclúe neste plan os casos como o desta familia, que tivo que abandonar á súa casa non por un lanzamento senón pola rescisión do contrato de arrendamento logo dun procedemento xudicial.

Yolanda Aguiar di que as competencias exclusivas en materia de vivenda son da Xunta de Galicia polo que lle esixe solucións rápida e definitiva. O Concello de Vigo, que carece de competencias na materia, adica cada ano 2,5 millóns de euros á loita contra os desafiuzamentos, ademais de adicar outros 820.000 euros anuais ao funcionamento do centro de inclusión e emerxencia social, na que é a maior política social que aplica ningún concello de España.

Comentar noticia

Your email address will not be published.