O Concello de Vigo inicia as obras do túnel da Porta do Sol con incertidume legal

Publicado por o día 28/01/2020 na sección de Galicia,Vigo

O Concello de Vigo inicia as obras do túnel da Porta do Sol con incertidume legal

A Asociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico presentou en Outubro  do 2019 a solicitude de revisión do proxecto de soterramento do tráfico na Porta do Sol. Na altura a asociación sinalaba que o proxecto non se axusta ao PEPRI, non reflicte a realidade do subsolo e das cimentacións dos edificios da rua Elduayen, non cumple cos requisitos de xustificación da obra e non garante o respecto ao patrimonio e medio ambiente de todos os vigueses.

Posteriormente o Tribunal de Contratación de Galicia ainda que rexeitando o recurso presentado por unha cuestión de forma, insta ao Concello de Vigo e mais á Xunta de Galicia a resolver o fondo do asunto.

Diante do silencio do Concello, a Asociación ten presentados catro escritos de reiteración sen obter resposta. Se non hai resposta oficial e motivada por parte do Concello de Vigo en marzo do 2020, a asociación terá o dereito de levar este asunto ante o Contencioso Administrativo a fin de defender os dereitos de todos os vigueses.

VigoHistorico non entende como se poden empezar as obras sen ter resolto este asunto legal. Si o Concello está tan seguro de que o proxecto cumple todos os requisitos e non vai ser lesivo para os intereses dos vigueses non ten mais que acudir ao Consello Consultivo de Galicia para obter un dictame que lle resolva favorablemente. No canto diso, no Concello hai silencio e opacidade e moita presa por comenzar as obras. ¿Que pasará si o Contencioso admite a trámite o recurso unha vez que as obras estean comenzadas?

Como ven de sinalar o Tribunal Supremo, os cidadans temos dereito a unha tutela efectiva por parte das administracións públicas o que se traduce neste caso nunha resposta en tempo e forma por parte do Concello ao recurso presentado,

O colectivo VigoHistórico e a Asociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico reiteran a sua disposición ao diálogo co Concello a fin de plantexar unha peonalización da Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso SEN TÚNEL.

Comentar noticia

Your email address will not be published.