O Concello de Vigo lamenta a perda de Lord, a aguia real de VigoZoo

Publicado por o día 28/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo lamenta a perda de Lord, a aguia real de VigoZoo

O Concello de Vigo lamenta a morte no día de onte de Lord, a aguia real de VigoZoo. Tiña 46 anos de idade, cando a esperanza de vida desta especie se sitúa de media entre os 15 e os 20 anos, estaba cego e gozaba da súa terceira idade nunha instalación axeitada ás súas condicións minguadas pola falta de visión.

Lord chegou a Vigo no ano 1974 como un poliño improntado, irrecuperable para a vida silvestre, procedente da espoliación dun niño na Ribeira Sacra. Participou boa parte da súa vida nas ensinanzas que se transmitiron ás nenas e nenos que visitaban o parque dentro do programa de educación e concienciación medioambiental de VigoZoo. Dende 1998 foi cedido, de xeito temporal, ao aeroporto de Vigo onde traballo na seguridade aérea.

Lord foi un emblema do VigoZoo, chegando a converterse no símbolo do selo conmemorativo do VIII Congreso da Unión Iberoamericana de Zoos, celebrado na cidade en 1977, e o logotipo do
parque durante moitos anos.