O concello de Vigo paraliza as obras durante o nadal

O Bando que paraliza as obras en Vigo durante as festas navideñas.
Publicado por o día 31/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O concello de Vigo paraliza as obras durante o nadal

Abel Caballero informou da sinatura do Bando para ordenar a paralización das obras en Vigo durante o Nadal co fin de facilitar a mobilidade no centro da cidade ante a previsión de maior afluencia de persoas e coches.

Establécense dúas zonas diferenciadas na cidade: na menos céntrica que inclúe rúas como Doutor Corbal, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Martínez Garrido, Arquitecto Palacios, Avenida de Castrelos, Portanet, Avenida de Citroën e Circunvalación Oeste ata Bouzas prohíbese a realización de calquera obra ou traballo que afecte á vía pública, desde a medianoite do venres 13 ao sábado 14 de decembro e ata as 8:00 horas do 13 de xaneiro de 2020.

As empresas responsables das obras concluídas deben repoñer o pavimento e a sinalización para permitir a libre circulación de vehículos e persoas retirando casetas, vallas, materiais de obra e maquinaria, colectores de obra, sacos de residuos…

Na zona máis céntrica, que inclúe as rúas Isaac Peral, García Barbón, Alfonso XIII, Lepanto, Gran Vía, María Berdiales, Progreso, Doutor Cadaval, Porta do Sol, Elduayen e Poboadores, a vía pública debe quedar libre de obras e calquera evento que afecte á circulación desde a madrugada do domingo 10 ao luns 11 de novembro, ata as 8 horas do luns 20 de xaneiro de 2020.

Comentar noticia

Your email address will not be published.