O Concello de Vigo pedirá á Xunta que aporte 5 millóns de euros para a reforma da grada de Marcador

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que enviará unha carta ao presidenta da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reclamarlle unha achega autonómica na reforma da grada de Marcador, dentro do proxecto que leva a cargo o Concello e a Deputación no Estadio Municipal de Balaídos.
Por o 20/08/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello de Vigo pedirá á Xunta que aporte 5 millóns de euros para a reforma da grada de Marcador
Compartir en:

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que enviará unha carta ao presidenta da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para reclamarlle unha achega autonómica na reforma da grada de Marcador, dentro do proxecto que leva a cargo o Concello e a Deputación no Estadio Municipal de Balaídos.

Abel Caballero remitirá una carta a Alberto Núñez Feijóo para que a Xunta se comprometa no financiamento da reforma da grada de Marcador. Así o avanzou este martes o alcalde de Vigo en rolda de prensa despois de sinalar que a administración autonómica non achegou ningún investimento ás infraestruturas deportivas da cidade desde o ano 2010.

“A nova grada de Marcador custará 15 millóns e queremos que as achegas sexan a partes iguais entre o Concello, Deputación e Xunta, con 5 millóns cada un”, sinalou Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

A petición oficial, tal e como explicou o alcalde, será a través dunha carta. Caballero puxo de manifesto que a reforma de Balaídos é una cuestión “absolutamente supramunicipal” e por elo o Goberno galego debe investir diñeiro en ela.

Comentar noticia

Your email address will not be published.