O Concello de Vigo, preparase para expropiar terreos para un novo centro de saúde que substitúa o de López Mora

Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo, preparase para expropiar terreos para un novo centro de saúde que substitúa o de López Mora

Respecto ás declaracións realizadas esta mañá polo novo xerente da EOXI de Vigo asegurando que é preciso buscar unha alternativa que permita substituír o centro de saúde de López Mora, o Concello de Vigo viu manifestar que as necesidades sanitarias son prioritarias para este goberno municipal. Así, o Concello de Vigo urxe á Xunta de Galicia a presentar un proxecto para o centro e de inmediato tramitará o solo. “Que nos presenten un proxecto que se adapte ás necesidades sanitarias da cidadanía de Vigo, con posibilidade de tramitación a través da 3/2016 -Lei Vigo-, e o Concello comprométese a expropiar os terreos de forma inmediata e a poñelos a disposición da Xunta de Galicia” di María José Caride nun comunicado.

“En calquera caso, é sorprendente que o novo xerente da EOXI recorra ás escusas á hora de atender as necesidades da cidadanía, que ven demandando desde hai anos á ampliación do centro de López Mora”, acusa Caride.

A ese respecto, a concelleira de Urbanismo incidiu en que a Xunta de Galicia esquece ademais que o ámbito da Seara decaeu coa anulación do PXOM de 2008 pola insuficiente motivación da Xunta de Galicia e que este e outros ámbitos non se puideron desenvolver porque a administración autonómica negou “a vía Parejo” proposta polo Concello de Vigo. “Parece que o novo xerente aínda non se situou na cidade, de aí que saia agora con esta reclamación” manifesta rotundamente a concelleira de urbanismo de Vigo.

Caride lembralle ao novo xerente da EOXI é a mesma persoa que pensa que un consultorio é a resposta aos problemas dos veciños de Bouzas, presentando un proxecto de centro de saúde que non responde ás necesidades dunha veciñanza que leva esperando pola Xunta de Galicia desde hai 11 anos. A resposta da Xunta ás súas necesidades é un proxecto notablemente reducido respecto á proposta inicial.

En todo caso, no que respecta a López Mora reiteramos que o Concello de Vigo encargarase da da tramitación do solo e comprométese a expropiar os terreos de forma urxente en canto a Xunta de Galicia propoña un espazo que responda ás necesidades sanitarias das viguesas e dos vigueses, finalizou María Jose Caride no seu comunicado.