O Concello de Vigo quere chegar a un acordo coa Autoridade Portuaria para o mantemento do Paseo das Avenidas

Por o 29/06/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
O Concello de Vigo quere chegar a un acordo coa Autoridade Portuaria para o mantemento do Paseo das Avenidas

O Concello de Vigo ven poñer de manifesto a súa intención de chegar a un acordo coa Autoridade Portuaria para a mantemento do Paseo das Avenidas, tal el como mostrou de forma reiterada e activa durante os últimos meses.

Logo de coñecer a interposición dun preito contencioso administrativo polo mal estado do paseo, o Concello quere destacar que sempre estivo disposto a solucionar o conflito e a atopar fórmulas de consenso.

Con tal obxectivo, foi o propio Concello o que no mes de xuño de 2018, muto propio, mantivo varios encontros previos ata que, con data de 23 de agosto de 2018, solicitou formalmente unha xuntanza cos responsables portuarios. As continuas dilacións por parte do Porto de Vigo provocaron que dita reunión non puidera celebrarse ata dous meses despois.

Durante estas reunións tamén foron os técnicos municipais os que propuxeron fórmulas de acordo para resolver o convenio, medidas que nunca recibiron o visto e prace portuario.

Asemade, a Autoridade Portuaria decidiu acudir aos tribunais a pesar de que incluso o Consorcio da Zona Franca de Vigo mostrase tamén a súa disposición a ser parte da solución final para o mantemento do paseo das Avenidas.

Xa noutras ocasións, o Porto de Vigo recorreu ao Contencioso Administrativo e perdeu. Non nos preocupa nada, polo tanto, esta decisión porque é fácil demostrar que o deterioro das lousas do Paseo das Avenidas se debe aos transportes especiais que realiza o Porto de Vigo. Os tribunais, na vía contencioso administrativa volverán a darnos a razón, unha vez máis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.