O Concello de Vigo repartirá entre a cidadanía 43.500 máscaras enviadas polo Goberno central

O Goberno central entregou este mércores un total de 43.500 máscaras ao Concello de Vigo, segundo informou a subdelegada, Maica Larriba, ao alcalde, Abel Caballero. Esta entrega súmase ás outras 30.000 máscaras que xa foron repartidas o luns e o martes.
Publicado por o día 06/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo repartirá entre a cidadanía 43.500 máscaras enviadas polo Goberno central

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este mércores unha xuntanza coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para organizar o reparto de outras 43.500 máscaras que o Goberno Central acaba de enviar a Vigo.

“Estas novas máscaras van a ser repartidas entre os cidadáns”, sinalou o rexedor antes de explicar que estudará a forma e os lugares nos que se entregarán. Este material de protección súmase ás 30.000 máscaras repartidas o luns e o martes entre os traballadores da cidade, material que procedía tamén do Goberno.

Denuncias

O alcalde explicou que este martes houbo 41 denuncias por parte da Policía Local por incumprir a situación de alarma e puxo como exemplo un establecemento hostaleiro que estaba aberto con clientes e unha persoa que paseaba co seu fillo fóra da franxa horaria establecida.

Comentar noticia

Your email address will not be published.