O Concello de Vigo suple as axudas á vivenda do ano 2018 que a Xunta aínda non resolveu

Abel Caballero criticou esta mañá o atraso co que a Xunta está a tramitar as axudas para vivenda do ano 2018, publicadas no mes de xuño do ano pasado e aínda sen resolver. Durante este tempo ten sido o Concello o que concedeu achegas para aloxamento das que se beneficiaron 700 familias viguesas e ás que administración local adica 2,5 millóns.
Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo suple as axudas á vivenda do ano 2018 que a Xunta aínda non resolveu

Abel Caballero criticou esta mañá o atraso co que a Xunta está a tramitar as axudas para vivenda do ano 2018, publicadas no mes de xuño do ano pasado e aínda sen resolver. Durante este tempo ten sido o Concello o que concedeu achegas para aloxamento das que se beneficiaron 700 familias viguesas e ás que administración local adica 2,5 millóns. 

O alcalde de Vigo denunciou esta mañá que a Xunta aínda non resolveu as axudas para vivenda do ano 2018, mentres que o Concello si que outorgou achegas municipais para aloxamento, dotadas con 2,5 millóns de euros, das que se beneficiaron 700 familias viguesas. O 22 de xuño de 2018, a Xunta publicou a orde da convocatoria destas axudas, financiadas con fondos do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e dotadas cun importe de 3 millóns de euros para toda Galicia. Quince meses despois, nin resolveu esta convocatoria nin publicou as liñas correspondentes a 2019.

Tal e como explicou, é o Concello de Vigo quen está sufragando o alugueiro das persoas en situación de vulnerabilidade a través das axudas de emerxencia contra os desafiuzamentos e do programa de axudas extraordinarias a familias. Como o Concello paga directamente ao arrendatario, os beneficiarios non poden achegar xustificante de pago á Xunta cando lles conceden a subvención, polo tanto a Xunta aforra eses cartos. O goberno autonómico -administración competente – deixa de pagar toda a parte que subvenciona o Concello.