As obras previstas no proxecto consistirán en ensanchar o vial actual ata a aliñación prevista no P.X.O.M., de xeito que dispoña do ancho suficiente para garantir a accesibilidade na zona e mellorar a seguridade viaria tanto para condutores como para peóns os que, ata o de agora, carecían de beirarrúas e apenas de espazo para transitar á vez que un coche. O ensanche requirirá o retranqueo dun muro de peche.
O proxecto prevé tamén o soterramento das canalizacións de servizos de telecomunicacións, alumeado público e electricidade, así como a mellora e ampliación das redes de abastecemento de auga, saneamento e recollida de pluviais. A mellora nos dous últimos servizos suporá evitará o colapso e atasco das canalización de augas residuais que se producen en ocasións polo obsoleto da instalación e tamén que a rúa se anegue coa chuvia. Os traballos rematarán coa construción de beirarrúas, pavimentación da calzada e instalación de luminarias led.
Compra de terreos
A mellora na Rúa do Freixo é unha actuación que demandaban dende hai tempo os veciños da zona debido ás inundacións que sofren en época de choiva e tamén polos problemas que se rexistraban coa rede de saneamento, que non se podía arranxar debido a que a estreitura da vía impedía o acceso da maquinaria. O goberno local salvou este impedimento negociando e, posteriormente, adquirindo á empresa Coínba unha franxa de terreo que permitise dar maior amplitude á rúa. A franxa de terreo de 551 metros cadrados de superficie comprouse por 15.000 euros. Tras ter formalizada a adquisición, o Concello tivo que encargar un estudo topográfico para garantir o correcto trazado e funcionamento das redes de saneamento e pluviais a instalar e, a continuación, redactouse o proxecto técnico e de obra que agora se saca a licitación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.