O Concello dedica 1 millón de euros á creación de emprego en entidades sociais da cidade

O alcalde apunta a “innegable utilidade social” do plan que fomenta o emprego en 77 entidades veciñais, culturais, deportivas, sociais e asistenciais, empresariais e na comunidade de montes.
Publicado por o día 22/07/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello dedica 1 millón de euros á creación de emprego en entidades sociais da cidade

O alcalde apunta a “innegable utilidade social” do plan que fomenta o emprego en 77 entidades veciñais, culturais, deportivas, sociais e asistenciais, empresariais e na comunidade de montes. 

A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde ao outorgamento das subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro do ano 2019 que teñen un importe de 1 millón de euros e das que se beneficiarán 19 entidades veciñais e culturais, 31 sociais e asistenciais, 14 entidades empresariais, 12 deportivas e a mancomunidade de montes de Vigo que conta con 25 traballadores contratados grazas a este programa.

Para Abel Caballero “o plan xera centos de empregos e ten unha innegable utilidade social” permitindo que 77 entidades sen ánimo de lucro contraten persoal para desenvolver o seu labor. “Somos o único concello de España cun plan de emprego destas características, feito desde entidades sociais, veciñais..co músculo civil da cidade”, apuntou o alcalde, que puxo en valor este traballo en favor “da cidade e dos seus colectivos”.

Amais a Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación da execución das obras do proxecto de reforzo do firme na Avenida de Santa Mariña, do número 104 ata o 204 por un importe de 135.000 euros que sae a licitación para a contratación do contratista. Tamén quedou aprobada a subvención nominativa mediante convenio de 12.000 euros para o Trasnos Béisbol Clube para o desenvolvemento do proxecto xeral da entidade de elite na temporada deportiva 2018-2019.