O Concello dedica 200.000 euros ao macroparque infantil de Bouzas

O alcalde deu conta este xoves do proxecto de obra que contempla dobrar a superficie de xogo, nun espazo que será inclusivo e contará con carruseis e tirolina. Amais, aprobouse o expediente de contratación dos campamentos de verán 2019 cun orzamento de 228.000 euros.
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello dedica 200.000 euros ao macroparque infantil de Bouzas

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a clasificación de ofertas para a contratación da obra de ampliación do parque infantil de Bouzas que ten un custo de 200.000 euros e un prazo de execución de 45 días.

Segundo explicou Abel Caballero, o parque da Alameda Suárez Llanos pasará a ser un “macroparque” de 400 metros cadrados, inclusivo, cun faro de 8 metros de alto con luces e tobogán como elemento singular de xogo, amais de carruseis e tirolina.

Campamentos de verán

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o expediente de contratación do servizo de programación e execución dos Campamentos de Verán 2019 que teñen un orzamento de 228.000 euros. Son campamentos náuticos, mariñeiros, na praia, de temática ecolóxica, artística, multideportiva, en inglés e con pernocta en Vigozoo.

O rexedor expuxo que se trata “dunha pequena parte dos campamentos, os que se fan desde Xuventude e Medio Ambiente” pero haberá máis xa que “en 2019 vamos a bater marcas na oferta de prazas de campamentos de verán”.