O Concello desenvolve o programa de festas de verán con actividades en toda a cidade

Segundo avanzou o rexedor, este mes de xullo comeza con música de bandas, música e baile tradicional, o encontro de danza urbana Vikul e teatro musical mentres en agosto se reforzará con música moderna.
Publicado por o día 20/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello desenvolve o programa de festas de verán con actividades en toda a cidade

Abel Caballero explicou que está sendo “complicado” organizar as festas con “ducias de grupos e centros de concertos” pero no caso do Festival TerraCeo, por exemplo, que se desenvolve no Auditorio Mar de Vigo “está funcionando moi ben”. O alcalde deu conta dos programas que se inician neste mes de xullo con propostas en toda a cidade e con tódalas medidas de seguridade.

Hoxe comeza o XVII Festival Folclórico Internacional que levará música e danza durante os meses de xullo e agosto ás rúas da cidade. Ás 20:30 horas do serán en Bouzas estarán Corisco, Tango Galicia, Pasos, Media Punta, Susana Castro, Ngundi, Ítacas e Bambalina. As seguintes citas serán o 21 en Beade, o día 22 diante do Mercado de Teis, o 27 en Bembrive, o 28 no Torreiro de Coia e o 29 en Matamá. No mes de agosto, haberá 6 datas máis en San Miguel, Berbés, Porta do Sol, San Andrés de Comesaña, Castrelos e Navia.

Na parte de bandas de música, o día 25 de xullo actuarán a Banda de Bembrive en Bembrive e a Banda de Candeán en Candeán; o día 26 estará Delicias de Cabral en Cabral e a Banda de Beade en Beade.

Neste luns continúan os concertos do programa “Vigo, un Mar de Bandas” na Porta do Sol coa Escola de Música de Beade. O 21 estará o Ateneo Musical de Bembrive, a Unión Musical de Cabral o 22, o 24 Lira San Miguel de Oia, o 25 Unión Musical de Coruxo,o 27 Delicias de Cabral,o 29 UVCD de Candeán, o 30 Unión Musical Coruxo e o 31 Unión Musical Valladares.

O programa de concertos por barrios de bandas de música leva esta semana, o dia 24, á Banda Delicias de Cabral ao xardín da Asociación Veciños de Lavadores.

O ciclo Vente con nós, que aglutina grupos de música e danza tradicional de Vigo, programa 42 actuacións de 21 grupos, entre elas, o 24 de xullo, Andarela en Praza Miñoca e Corisco en Praza da Pedra; o 25 de xullo o grupo de gaitas de Cabral nas escaleiras do MARCO e as pandereteiras Alalá diante do Mercado do Calvario; o 26, Ventos de Comesaña en Beade e o grupo de gaitas Pardavila en Rosalía de Castro.

Vigo ofertará tamén teatro musical coa obra “Rosalía unha vida”, con piano e violín no escenario que estará o día 25 en Cabral, o 26 en Matamá e o 31 na Praza do Berbés.

O 8º encontró de danza urbana Vikul desenvólvese na cidade o día 24 en Samil, o 27 en Bouzas e o 28 en Samil, na pista de patinaxe.

O público infantil poderá gozar neste mes de xullo coa obra de teatro musical “El pequeño conejo blanco”, que se representará o día 27, Castrelos, o 28 en Liñares, San Miguel, o 29 en San Andrés de Comesaña e o 30 en Sárdoma.

Comentar noticia

Your email address will not be published.