O Concello do Grove abre o prazo de inscrición no servizo de piscina para maiores

O curso da comezo o vindeiro 27 de outubro
Publicado por o día 28/09/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición no servizo de piscina para maiores

O Concello do Grove colabora coa oferta dun curso de monitor de tempo libre homologado que organiza a Escola de Tempo Libre de Balea. Trátase dunha formación de 200 horas teórico-prácticas e de 150 horas puramente prácticas que se estenderá dende o vindeiro 27 de outubro ao 23 de decembro. As clases serán os sábados e domingos de 9.00 a 14.000 e de 16.00 a 21.00 horas e o prezo da formación será de 250 euros aplicándose un desconto do 40% para persoas empadroadas no Concello do Grove.

As persoas interesadas poderán recabar máis información ou realizar a inscrición na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no edificio da Administrativo (de luns a venres) ou no edificio do Matadoiro os luns en horario de tarde. Tamén poderán informarse na Escola de Tempo Libre de Balea. O prazo de inscrición remata o vindeiro 10 de outubro.