O Concello do Grove acomete a limpeza das estradas de titularidade autonómica

Ante a inoperancia da Xunta de Galicia e a proximidade dun dos eventos turísticos máis importantes de Galicia fixo necesaria e urxente esta actuación.
Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove acomete a limpeza das estradas  de titularidade autonómica

Dende hoxe, e durante os vindeiros días, os operarios municipais do Grove están realizando a limpeza da estrada de acceso a localidade. Trátase dunha estrada de titularidade autonómica sobre a que se ven demandando limpeza e mantemento sen que a mesma fora realizada. Deste xeito, o mal aspecto que xera este importante vial (o único de acceso á localidade) require que, finalmente, a limpeza sexa acometida por servizos do Grove. Neste caso contouse con maquinaria da Mancomunidade do Salnés que no período no que é cedida ao Concello foi adicada a esta zona.

Unha vez máis, resulta urxente reclamar que a Xunta de Galicia se faga cargo destes espazos e acometa os mantementos e limpezas que son necesarios. A situación xa resulta grave ao longo do todo ano e do verán, canto máis ás portas dunha celebración tan importante como é a Festa do Marisco, escaparate turístico do Grove e de toda Galicia.