O Concello do Grove aproba definitivamente a modificación da ordenanza de terrazas

Non se teñen presentado alegacións a esta modificación
Por o 14/05/2018 | Sección: Galicia
O Concello do Grove aproba definitivamente a modificación da ordenanza de terrazas
Compartir en:

O Concello do Grove informa de que ten rematado prazo de exposición pública da modificación da ordenanza de terrazas do Concello do Grove. A mesma fora aprobada no pleno de febreiro logo de informar aos hostaleiros sobre os cambios previstos. A modificación pasa por incluír un anexo específico no referido á Rúa Castelao tras a súa peonalización ao tempo que modifica o procedemento para axilizar os trámites de inspección e cumprimento da mesma.

Debe terse en conta que a referida ordenanza leva aparellada unha modificación da ordenanza fiscal cuxo borrador foi presentado ao Goberno esta mesma semana e que previsiblemente nos vindeiros días comezará a ser traballado de cara a súa presentación en pleno. Dende o Concello do Grove incídese na necesidade cumprimento da ordenanza para garantir a boa convivencia entre os hosteleiros, os usuarios das terrazas e os veciños e veciñas.