O Concello do Grove concede as subvencións de deportes a dezaoito entidades locais

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación dun total de 97.000 euros para este fin.
Por o 07/09/2018 | Sección: Galicia,O Grove
O Concello do Grove concede as subvencións de  deportes a dezaoito entidades locais

O Grove, 6 de setembro 2018. O Concello do Grove ven de conceder as subvencións a entidades deportivas correspondentes ao ano 2018. Como ven sendo habitual, establécense dúas liñas de axuda que diferencian a aquelas entidades que se axustan aos requisitos das subvencións ordinarias, vinculados coa existencia de licencias de deporte base, adestradores e asistencia a campionatos, e outra liña menor para aquelas entidades deportivas que non se axustan aos referidos requisitos.

No referido á primeira liña foron un total de nove clubs locais os que se adecuaron aos requisitos. Para eles se repartiron 91.000 euros de subvencións outorgados en función acadada polos mesmos logo dunha valoración obxectiva dos méritos presentados. O reparto, que se recolle na táboa 1 adxunta, tamén ten en conta que a subvención non pode superar o 30% do orzamento da entidade, polo que se aplica o correspondente prorrateo no reparto dos fondos.

A segunda liña de axuda, destinada a entidades que non cumpren cos requisitos anteriores, distribúe un total de 6.000 euros entre nove entidades, segundo o recollido na Táboa 2. Neste caso o reparto realízase segundo a valoración da súa memoria de actividades do ano anterior.

Deste xeito o Concello do Grove realiza un fundamental apoio as entidades locais deportivas na busca do fomento da actividade física e dos hábitos saudables, sendo fundamental o deporte base e a educación en disciplinas deportivas. As entidades deportivas beneficiarias da subvención deberán agora presentar as súas contas xustificativas para percibir as axudas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.