O Concello do Grove condena os actos vandálicos causados esta fin de semana na localidade

O alcalde do Grove solicítalle á Policía Local man dura contra este tipo de actividades.
Publicado por o día 26/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove condena os actos vandálicos causados  esta fin de semana na localidade

O concello do Grove sufriu a pasada fin de semana varias accións vandálicas que, segundo as primeiras indagacións, foron realizadas por grupos de mozos, na súa meirande parte visitantes na localidade. Amais de causar graves estragos no Monte Central e na zona do Redondo, foron roubadas plantas e danados xardíns no centro da vila. Dende o Concello solicitóuselle á Policía Local que actúe co máximo rigor ante estes comportamentos que non poden ser permitidos en ningunha ocasión e que, ademais, resultan máis graves tendo en conta que se actúa aproveitando o horario de peche decretado debido á pandemia, o que fai que as persoas se retiren das rúas moito antes do que sería habitual nesta época do ano. O Concello do Grove estuda tamén adiantar outras medidas previstas para os vindeiros meses, como a colocación de cámaras de vixilancia en determinadas zonas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.