O Concello do Grove contará cun novo vehículo de recollida dentro do Plan Revitaliza da Deputación

O camión está valorado en 54.000 euros e permitirá seguir avanzando no plan de recollida e de cara a autosufiencia na xestión dos residuos orgánicos.
Publicado por o día 01/11/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove contará cun novo vehículo de recollida dentro do Plan Revitaliza da Deputación

O Concello do Grove ten sido beneficiado de dúas axudas para a xestión de residuos orgánicos. Trátase do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e o PIMA Residuos- Compost do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Ambas axudas permitirá que O Grove poida chegar aos 700 composteiros individuais e 7 colectivos. A consecución da segunda das axudas (MAPAMA) permitiu que parte dos recursos do Plan Revitaliza puideran destinarse á adquisición dun camión de recollida, ademais de contar coa contratación dun mestre composteiro durante un ano.

O Concello do Grove agarda que a incorporación destes equipamentos permita seguir avanzando no plan de autosuficiencia na xestión dos residuos orgánicos que permita a eliminación dos colectores deste tipo de residuos no prazo de 5 anos. Trátase dun sistema pioneiro que os veciños e veciñas están acollendo con moita conciencia e sensibilidade e que supón un paso de xigante na mellora medioambiental do Grove e, por extensión, un importante aforro de recursos municipais.