O Concello do Grove continúa a formación en primeiros auxilios

Na tarde de onte celebrouse unha nova sesion adicada aos adestradores e monitores de clubes deportivos locais.
Por o 26/02/2019 | Sección: Galicia,O Grove
O Concello do Grove continúa a formación en primeiros auxilios

O Concello do Grove volveu ofrecer onte luns unha sesión de formación en emerxencias aos clubes deportivos locais. No mesmo participaron 24 persoas que recibiron explicacións sobre a actuación adecuada perante paradas cardíacas, paradas respiratorias, distintos tipos de traumatismos e feridas. Unha formación impartida con recursos e fondos municipais.

Trátase dunha acción máis comprendida dentro do plan de traballo que busca conseguir que O Grove sexa un espacio cardioprotexido. De feito, o vindeiro 7 de marzo tamén se realizará a correspodente formación en SVB e DESA dos monitores de padel e dos encargados de mantemento dos recintos deportivos e adestradores do Clube Mecos e Breogán, así como doutros clubes que se adheriron. Esta formación permitirá instalar tres novos DESA, un no pavillón novo, outro no pavillón de deportes naúticos e o último no club de Remo Mecos que eran os recintos deportivos que tiñan pendente este equipamento.

Formación en colexios e institutos

Esta mesma semana deron tamén comezo as clases de primeiros auxilios deste curso para alumnos e alumnas de colexios e institutos entre os 10 e os 16 anos. As sesións comezaron no IES AS Bizocas e foron impartidos por unha enfermeira titulada co apoio do persoal do grupo de Emerxencias Municipais para a parte práctica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.