O Concello do Grove contratará a 19 persoas para obras, servizos e cultura dentro do plan concellos 2020

Publicado por o día 28/04/2020 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove contratará a 19 persoas para obras, servizos e cultura dentro do plan concellos 2020

O Concello do Grove procederá á contratación de persoal para a contratación de obras e servizos municipais. A Deputación de Pontevedra acada de resolver a concesión dunha subvención para proceder á contratación de traballadores e traballadoras en situación de desemprego e inscritas no Servizo Público de Emprego.

Trátase dunha das liñas de subvención do Plan Concellos 2020, concretamente a liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. A Deputación de Pontevedra aporta 179.090,85€ que posibilitará a contratación dun total de 19 persoas para a realización de obras e servizos de interese social. As prazas que se convocan son a xornada completa e de duración de 5 ou 6 meses. Procederase á contratación de 9 peóns de obras pública, 3 peóns forestais, 2 Peóns de xardinería, 1 carpinteiro/a, 1 condutor de camión, 1 auxiliar administrativo e 2 Auxiliares de Cultura. Os procesos de selección realizaranse a través da Oficina de Emprego de Cambados.