O Concello do Grove convida a todos os veciños e veciñas a participar na Festa do Días das Letras Galegas na Rúa Castelao

Libros, música, contos e bo ambiente para celebrar o día das nosas letras
Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove convida a todos os veciños e veciñas a participar na Festa do Días das Letras Galegas na Rúa Castelao

Ademais das actividades que se levan desenvolvendo durante este días, mañá, 17 de maio celebrase na Rúa Castelao a tradicional Festa do Día das Letras Galegas. A partires das 11.00 da mañá os libreiros locais instalaranse nesa zona con ofertas para adquirir libros en Galego. As 11.30 hora o Contacontos de Xarope Tulú serán os encargados de entreter aos cativos que se acheguen ata a Catorse e, a continuación, poetas locais estrearanse na I Recital Poético das Letras Galegas de Letraenxebre. Finalmente será Paradanda-Mecos quen aporte música galega á celebración. A Rúa Castelao estará decorada cunha mostra alusiva a vida e obra da homenaxeada nesta edición das Letras Galegas, María Victoria Moreno.

Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas a praza do Corgo acollerá a VIII Festa das Letras de Cantodorxo con xogos e actividades para os máis pequenos. Dende o Concello do Grove tamén se anima aos mecos e mecas a que participen nesta actividade e nas previstas para o resto de mes de maio, totalmente centrado na celebración da nosa lingua.