O Concello do Grove convoca aos praceiros para marcar o calendario de apertura de 2018

A reunión terá lugar o vindeiro luns, 5 de novembro, ás 19.00 horas na Sala das Cunchas do Concello do Grove.
Publicado por o día 04/11/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove convoca aos praceiros para marcar o calendario de apertura de 2018

O Concello do Grove celebrara a habitual reunión anual cos vendedores e vendedoras da Praza de Abastos de cara a marcar as datas de apertura e peche para o ano 2018. Este sistema de traballo vense aplicando dende hai tres anos e permite que sexan os propios usuarios do mercado os que decidan como xestionar os festivos do ano. A partires da proposta de calendario que se recolla, se procederá á súa validación por parte da Xunta de Goberno Local e á posterior edición dun calendario que o ano pasado se distribuíu gratuitamente entre os usuarios da Praza.