O Concello do Grove convoca unha nova edición do premio de novela Curta “Manuel Lueiro Rey”

O premio chega á súa XXVI edición como un galardón consolidado e de referencia en Galicia.
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove convoca unha nova edición do premio de novela Curta “Manuel Lueiro Rey”

O Concello do Grove do Grove ven de convocar a XXVI edición do Premio de Novela Curta “Manuel Lueiro Rey”. Esta mesma semana comezou a distribución das bases por toda Galicia para informar das condicións e prazos de presentación para este concurso literario que é convocado polo Concello do Grove dende o 1992 e que conta para esta últimas edicións coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo da convocatoria é honrar a vida e a obra do escritor e xornalista ademais de apostar pola promoción da escrita en galego e a divulgación dos seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora a través da editorial Xerais de Galicia. Pode participar calquera persoa que presente o seu texto en lingua galega antes do 15 de setembro. As bases están dispoñibles na web do Concello e indica que os textos deberán ter unha extensión mínima de 50 páxinas e máxima de 100.

O xurado encargado de valorar as obras está composta por cinco persoas, sendo unha delas o gañador da XXV edición do premio, Henrique Dacosta López, quen conseguiu o recoñecemento pola obra “Illas de sotavento”. Os outros catro membros serán especialistas en literatura e crítica e outorgarán un único premio por maioría simple de votos.