O Concello do Grove manterá o mercado semanal en Beiramar durante o mes de Agosto

A data de hoxe o espazo está cumprindo cos requisitos de seguridade e hixene preciso para a celebración deste tipo de eventos
Publicado por o día 24/07/2020 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove manterá o mercado semanal en Beiramar durante o mes de Agosto

O Concello do Grove trasladou hai xa un mes o mercado semanal que se celebra os venres dende a Praza do Corgo á Avenida de Beiramar buscando así un espazo que cumprira cos requisitos de seguridade para poder seguir celebrándose. Deste xeito a Avenida de Beirar permite que os postos se ubiquen de xeito liña sen crear corredores angostos que poidan supoñer unha acumulación de persoas co conseguinte risco.

A experiencia destas semanas resultou complexa para os vendedores, servizos municipais e incluso para os compradores que viron como a ubicación dos postos se cambiaba, pero o resultado xeral resulta positivo ao permitirse a dinamización de esta actividade que permite, de xeito paralelo, conseguir dinamismo comercial na localidade. Nestas semanas chámase especialmente a atención no notable incremento dos visitantes de fora da localidade que se achegan ao mercado. En tódolos casos é obrigatorio o emprego de máscaras de xeito permanente, como o reiterado uso de xel hidroalcólico e o mantemento da distancia de seguridade tanto no desprazamento coma nos postos.

O Concello do Grove informa de que o mercado continuará na mesma zona durante o mes de agosto, seguindo coas medidas de seguridade previstas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.