O Concello do Grove oferta novos cursos de lingua galega

As clases comezarán o martes 19 de febreiro e servirán para preparar as probas Celga 2019.
Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove oferta novos cursos de lingua galega

A matrícula xa está aberta para inscribirse nos cursos de galego gratuítos dirixidos a persoas maiores de 16 anos convocados polo Concello do Grove. O Servizo de Normalización Lingüística municipal é o encargado de impartir estes cursos dun total de 70 horas lectivas, distribuídas en clases de unha hora e media de duración dous días á semana. As clases están deseñadas desde unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que a elas poden acudir tanto persoas galegas como de fóra de Galicia.

O fin primordial desta actividade é realizar unha formación que permita obter os Cerficados de lingua galega (Celga), aínda que tamén son válidos para adquirir, aumentar ou mellorar os coñecementos sobre o idioma propio do país.

O prazo de inscrición nestes cursos remata o vindeiro 15 de febreiro e as clases comezarán o martes 20 deste mesmo mes, preferiblemente en horario de mañá, malia que non se descarta que haxa un grupo de tarde de existir demanda suficiente ao respecto. As prazas están limitadas a 20 persoas por grupo.

Máis información e inscricións no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove, situado no baixo da Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, no teléfono 986 733 190 (de 9.00 a 14.00 h), enviando un correo electrónico a [email protected] ou por medio dunha mensaxe privada ao Facebook do SNL (facebook.com/snlconcellodogrove).