O Concello do Grove organiza co IX Campionato do mundo de chave por equipos que se celebrará na Praia de Peralto

A presentación tivo lugar hoxe, luns, na Sala das Cunchas do Concello
Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Galicia

O Concello do Grove organiza co IX Campionato do mundo de chave por equipos que se celebrará na Praia de Peralto

O Concello do Grove será o encargo de organizar a IX edición do Campionato do mundo de chave por equipos en colaboración coa asociación “Consorcio de empresas O que ti digas cariño“. O evento terá lugar o vindeiro sábado, 12 de maio na Praia de Peralto e xa conta con 50 equipos, o que supón 200 xogadores. Tendo en conta que na pasada edición foran 38 os equipos participantes, dende o Concello do Grove considérase esta actividade deportiva un rotundo éxito xa antes de comezar.

O amplo número de participantes fixo necesario a construción de novas “chaves” o que suporá que a praia acolla de 10 campos de “tiro á chave”. O campionato comezará as 15.30 horas e calcúlase que se alongará ata as 19.00 horas cunha festa posterior para os participantes. Lembramos que o trofeo deste Campionato do Mundo – cunha representación da familia mariscadora -, pasará ao equipo gañadora desta edición. Aquel equipo que consiga ser gañador durante tres edicións quedará con el en propiedade.

Agárdase que O Grove se converta o sábado na “capital mundial da chave”, con equipos que se desprazan dende moitos punto de Galicia e que fan que este evento sexa máis importante ano tras ano. O atractivo da proba celebrada na praia pero na zona urbana da vila converten este campionato nunha proba que esperta moito interese.