O Concello do Grove organiza un obradoiro de iniciación ao modelado 3D con ZBrush Speed Sculpt para a mocidade

Desenvolverase os sábados 2 e 9 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 h na Biblioteca Municipal do Grove

O Concello do Grove pon en marcha unha novedosa iniciativa dirixida á mocidade a partir de 14 anos, trátase dun obradoiro de “Iniciación ao modelado 3D co programa ZBrush Speed Sculpt”.

O obradoiro, que consta de dúas sesións, estará impartidos polo grovense Anxo Rodríguez Domínguez e desenvolverase na biblioteca municipal do Grove os sábados 2 e 9 de febreiro.

Durante a primeira xornada Anxo realizará unha introdución ao que é o 3D, as súas saídas laborais no campo dos videoxogos, deseño, publicidade, animación e cine… así como unha introdución ao programa que van utilizar “ZBrush”. A segunda xornada será totalmente práctica, orientada á utilización do programa e a creación de deseños.

A actividade é gratuíta pero as prazas son limitadas polo que, todas e todos os que queiran asistir deberán facer a súa inscrición no teléfono 986 732 341, no email biblioteca@concellodogrove.es ou por privado ao facebook da biblioteca.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM