O Concello do Grove organiza un obradoiro de rap improvisado en galego

A actividade, dirixida á mocidade, desenvolverase o vindeiro luns 24 na praza do Corgo.
Publicado por o día 19/08/2020 na sección de Cultura,Galicia,O Grove

O Concello do Grove organiza un  obradoiro de rap improvisado en galego

O Grove, 19 de agosto de 2020. O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), traerá ao Grove o rap improvisado da man do proxecto CeibaRimas, unha iniciativa que fomenta o uso do idioma galego na arte da improvisación rapeira a través de obradoiros e competicións.

Deste xeito, o Concello do Grove ofrecerá un destes obradoiros formativos o vindeiro luns 24 de agosto, de 11.30 a 13.30 horas, na praza do Corgo (en caso de mal tempo, trasladarse á Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey). A actividade é gratuíta e está dirixida a rapazas e rapaces de entre os 12 e os 17 anos. Será impartida por un experto na materia: Frank, compoñente do grupo Rebeliom do Inframundo, quen lle achegará ao alumnado as ferramentas básicas para iniciarse no mundo do rap improvisado.

Por motivos de seguridade ante a Covid-19, o número máximo de participantes neste obradoiro será de 15 persoas, que manterán en todo momento as medidas hixiénico sanitarias establecidas. A inscrición farase a través da páxina web do proxecto (www.ceibarimas.gal) ou na OMIX do Grove, situada no segundo andar da Casa do Concello, teléfono 886 214 933 e correo electrónico [email protected]

En setembro levaranse a cabo os eventos de competición clasificatorios e a gran final, na que se coroará o mellor improvisador ou improvisadora deste CeibaRimas 2020.

Comentar noticia

Your email address will not be published.