O Concello do Grove pon en marcha a reforma da antiga Escola do Monte da Vila como espazo para o programa Vellos Tempos

O inmoble foi desafectado e volver a permitirse o uso municipal do mesmo.
Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove pon en marcha a reforma da antiga Escola do Monte da Vila como espazo para o programa Vellos Tempos

A Xunta de Goberno Local do Concello do Grove ven de poñer en marcha a reforma da antiga Escola Infantil do Monte da Vila que será destinada a ampliar as prazas do programa Vellos Tempos de atención a persoas maiores. Este espazo foi desafectado logo de que deixara de reunir as condicións como Escola Infantil, o que fixo que a Xunta pechara o espazo permitindo que o Concello recuperara o mesmo.

Logo das valoracións técnicas do espazo, os estudos realizados indicaban que, para calquera uso, era preciso unha reforma e mellora do mesmo. Logo de estudiadas as demandas, quedou claro que o seu mellor uso era o adicado a un dos servizo municipal con maior demanda. Deste xeito a reforma realizada permitirá ampliar o número de prazas para o programa Vellos Tempos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.