O Concello do Grove pon en marcha unha ampla programación de cara ao 8 de marzo

As actividades do Día Internacional das Mulleres comezarán o este mes de febreiro e estenderanse ata o 3 de maio.
Publicado por o día 19/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove pon en marcha unha ampla  programación de cara ao 8 de marzo

O Grove, 17 de febreiro de 2019. O Concello do Grove pon en marcha a programación conmemorativa e de concienciación vinculada co Día Internacional das Mulleres. O programa da comezo cun obradoiro onde a escritora Montse Fajardo presenta o seu libro “Invisibles” que, precisamente, é o argumento da obra de teatro que a fin de semana do 22 e 23 de febreiro se presentará na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. Tamén se celebrarán obradoiros e exposicións sobre o xogo en igualdade.

Xa no mes de marzo, coincidindo coas celebracións do Entroido, contarase con puntos morados de información nos principais eventos do mesmo. Para o día específico de celebración do día Internacional das Mullers a lectura do manifesto está prevista diante da Casa do Concello ás 11.00 horas. Ao día seguinte, 9 de marzo, celebrarase un obradoiro de creatividade e moemento expresivo con Maite Campos na antiga Escola Infantil do Monte da Vila de 10.00 a 13.00 horas.

Un dos pratos fortes da programación será a Gala dos Premios Meca, que este ano terá lugar o 10 de marzo ás 19.00 horas na Casa da Cultura, coa entrega dos correspondentes galardóns ademáis os premios do VII Concurso de fotografía da Muller. Tamén a xa tradicional andaina do Día da Muller se celebrará o 17 de marzo ás 11.00 horas.

Durante este mesmo mes tamén se celebrará un Obradoiro de vínculos amoroso, centrado en manter relacións de bo trato. O mesmo será impartido por Susana Forero na antiga Escola Infantil do Monte da Vila os días 25, 26 e 27 de marzo en horario de 16.00 a 21.00 horas. Chegado o mes de abril, a programación inclúe un encontro de pandereiteras cos grupos que habitualmente colaboran neste tipo de actividades na Festa do Marisco e na programación de verán (Adro Vello, Paradanda, AsXuPen, Cantodorxo e Cinco en Zonas). Será na Rúa Castelao ás 19.00 horas.

A programación rematará no mes de maio, concretamente o día 3 ás 20.00 horas, cando se presentará a colección “Feminismo” da Editorial Galaxia, contando coa presenza de Carmen Adán, Inma López Silva, Chis Oliveira e Amada Traba no Local Social da Terceira Idade.

Programación

DÍA 20. Obradoiro de Montse Fajardo presentando o seu libro “Invisibles”. IES Monte da Vila alumnado.

DÍA 22 e 23. A obra de TEATRO INVISIBLES. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. 21.30h

DÍA 27. Inauguración “ROMPE E XOGA EN IGUALDADE”. Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey. 12h

Exposición “Rompe e Xoga en Igualdade”. Ata o día 27 de marzo. Horario: 9 a 14h e de 17 a 20h

MARZO

DÍA 2. PUNTO MORADO DE INFORMACIÓN. Festas libres de violencia sexista.

DÍA 5. PUNTO MORADO DE INFORMACIÓN. Festas libres de violencia sexista.

DÍA 8. Lectura do MANIFESTO diante da Casa do Concello. 11.00h

DÍA 9. Obradoiro de CREATIVIDADE e MOVEMENTO EXPRESIVO con Maite Campos. Local da antiga Escola Infantil Monte da Vila. De 10.00 a 13.00 h

DÍA 10. Gala PREMIOS MECA e Entrega dos Premios do VII Concurso de fotografía polo Día da Muller. Casa da Cultura. 19.00 h

DÍA 13. Visionado de documental. Local social da Terceira Idade. 9 a 10.30h e 11 a 12.30h

DÍA 17. ANDAINA polo DÍA DA MULLER. Saída de diante da Casa do Concello. 11h

DÍAS 25, 26, 27, 28. Obradoiro de VÍNCULOS AMOROSOS para TER RELACIÓNS DE BÓ TRATO con Susana Forero. Local da antiga Escola Infantil Monte da Vila. De 16.00 a 21.00 h

ABRIL

Día 20. ENCONTRO de PANDERETEIRAS: Adro Vello, Paradanda, AsXuPen, Cantodorxo, Cinco en Zocas. Rúa Castelao. 19.00 h

Día 25. VIOLENCIA ZERO, Actuación RendyNue, cantante. Rúa Castelao. 12.00 h

MAIO

Día 3. PRESENTACIÓN da COLECCIÓN FEMINISMOS da Editorial Galaxia (Carmen Adán, Inma Lopez Silva, Chis Oliveira e Amada Traba). Local social da Terceira Idade. 20.00 H