O Concello do Grove pon en marcha unha nova temporada de Andainas

A primeira terá lugar este domingo, 31 de Marzo pola Ruta do Río Fraga en Moaña.
Publicado por o día 28/03/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove pon en marcha unha nova  temporada de Andainas

O Concello do Grove do Grove continúa co seu programa deporte para todas as idades e todo o tipo de público tentando xeralizar a vida saudable entre os veciños e veciñas da localidade. Para este fin, volve a iniciarse o programa de Andainas que nos vindeiros meses contará con varias actividades.

Para dar comezo, o vindeiro domingo 31 de marzo proponse unha andaina a Moaña, onde se realizará a ruta do Río Fraga, cun percorrido de 15 quilómetros á beira do río e pasando por diferentes muíños. A saída será ás 9.00 horas dende a estación de autobuses e o prezo da mesma é de 23 euros incluíndo a comida. A inscrición pode realizarse a través da axencia Vionta.