O Concello do Grove presenta o programa definitivo da Festa do Marisco no Consello Local de Turismo

O Consello tamén abordou as propostas para as Centolas de Ouro deste ano.
Por o 19/09/2018 | Sección: Galicia,O Grove
O Concello do Grove presenta o programa definitivo da Festa do Marisco no Consello Local de Turismo
Compartir en:

O Grove, 19 de setembro de 2018. O Consello Local de Turismo do Grove reuniuse esta mañá para abordar, entre outras cousas, o programa completo da Festa do Marisco 2018. No programa destácase a continuidade de determinadas propostas así como a colaboración de distintas entidades e clubes deportivos para xerar unha actividade continua durante os dez días da Festa do Marisco.

Ademais dos Concertos do Marisco, xa presentados hai unha semanas, douse a coñecer a programación de música tradicional e folclórica así como os distintos eventos relacionados como exposicións, presentación de discos ou libros e, por suposto, o programa de cociña en vivo. A concelleira tamén informou aos membros do Consello sobre os trámites administrativos e de xestión da Festa e dou conta dos produtos cos que se está a traballar, facendo fincapé no Cangrexo real, que máis de 20 anos despois, volve a esta presente na Festa.

A reunión tamén serviu para poñer sobre a mesa as propostas para a concesión das Centolas de Ouro que este ano se entregarán o Venres, 12 de outubro na correspondente Gala que se celebrará na Carpa institucional.

PROGRAMA LV FESTA DO MARISCO DO GROVE

Do 4 ao 14 de outubro de 2018

Eventos previos

Sábado 1 de setembro de 2018

X Concurso Canino “Illa da Toxa”, V Premio Festa do Marisco e Campionato de Agility

Domingo 2 de setembro de 2018

X Concurso Canino “Illa da Toxa”, V Premio Festa do Marisco e Campionato de Agility

Venres 14 de setembro de 2018

12.30 h. Presentación da Festa do Marisco en Sevilla. Hotel Eurostars Torre de Sevilla.

Xoves 27 de setembro de 2018

12.00 h. Presentación da web do “Premio Nacional Lola Torres de Gastronomía”. Salón de Plenos da Casa do Concello do Grove.

Venres 28 de setembro de 2018

20.00 h. Exposición “Memoria Meca na emigración arxentina”. Sala das Cunchas e Sala das Dornas da Casa do Concello do Grove.

Mostra fotográfica e documental da presenza de comunidades grovenses na República Arxentina (1880-1960). Visitable ata o 14 de outubro.

Sábado 29 de setembro de 2018

16.00 h. III Campionato de Chave por parellas da Festa do Marisco. Carpa de concertos. Praza do Corgo. Organiza: Consorcio de Empresas “Lo que tú digas, cariño”.

Domingo 30 de setembro de 2018

9.00 h. IV Marcha Ciclista do Marisco. Club Ciclista O Grove. Saída e regreso da praza do Corgo. Máis información no Club Ciclista O Grove (Información a través do Club: clubciclistaogrove@gmail.com).

20.00 h. Concerto 50 aniversario da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño do Grove. Contará coa actuación da Banda de Música de Ribadumia e outros solistas invitados. Carpa institucional.

Comentar noticia

Your email address will not be published.