O Alcalde e os Concelleiros do Goberno revisaron esta mañá as obras de reparación do muro da ala norte que linda co Pavillón de Deporte do Colexio de Comeniño. Trátase dunha obra que tivo que ser realizada tras a caída do mesmo logo dos temporais deste inverno e que supuxo a construción dun novo muro cunha mellor fixación e coa incorporación dun valado metálico. A reparación tivo un custo de 4.700 euros sufragados integramente con orzamentos municipais, dentro dos fondos destinados ás melloras dos centros de ensinanza que contaron nestes anos con notables recursos.
A visita tamén foi aproveitada para manter unha reunión coa dirección do centro, abordando unha serie de obras de mellora, como pode ser o cambio de fiestras, e, prioritariamente as portas de acceso ao colexio xa que as mesmas se atopan en moi mal estado. Ambas cuestión serán valoradas e acometidas en breves xa que pode facerse fronte as mesmas cos orzamentos municipais actuais.
Noticias de última hora en Vigo