O Concello do Grove recibe o segundo premio “Camiño de Santiago” polo proxecto do Cruceiro de Cantodorxo

Turismo da Xunta de Galicia comunicou hoxe esta concesión dotada con 5.000 euros de premio
Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove recibe o segundo premio “Camiño de Santiago” polo proxecto do Cruceiro de Cantodorxo

O Grove, 20 de setembro de 2018. O Concello do Grove ven de recibir a comunicación que o confirma como beneficiario do segundo premio da primeira categoría dos Premios Camiño de Santiago na convocatoria de 2018. O referido premio está dotado cunha contía de 5.000 euros, establecendo á Xunta de Galicia un prazo de dez días para a aceptación do mesmo.

O proxecto remitido para optar a este premio, parte da colocación do cruceiro na zona marítima de Cantodorxo. Ademais do valor propio da peza escultórica, obra do artista Francisco Pazos, a espectacular beleza da ubicación e, por suposto, o valor histórico da zona en relación ao Camiño de Santiago xa que dende esa punta se marca a entrada do Apostolo na barca de pedra para remontar o río camiño de Santiago.

Pero a proposta non só queda nese punto xa que se acompaña de accións de promoción como a creación da guía turística “O Grove nos camiños de Santiago” presentada o pasado ano durante a Festa do Marisco ou a inclusión do cruceiro do Grove na Ruta Marítima do Mar de Arousa e do Ullla. Todo isto permite situar ao Grove como punto de referencia do Camiño Santiago, incidindo no descubrimento da Moeda de Adro Vello como constatación desa vinculación.