O Concello do Grove reiterará as queixas ante o total abandono do centro de saúde do municipio

Nos últimos días confirmáronse as peores previsións feitas polo Concello do Grove, que conta hoxe cun só médico para atender a toda a poboación local e desprazada.
Publicado por o día 13/08/2020 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove reiterará as queixas ante o total  abandono do centro de saúde do municipio

Tal e como se advertira no mes de xuño e xullo e como se reiterou nas queixas trasladadas por carta e en persoa polo alcalde aos responsables sanitarios da Xunta de Galicia, O Grove atópase a día de hoxe totalmente abandonado no relativo á sanidade. Segundo informou o propio persoal do centro de saúde local, no día de hoxe tan só estaba dispoñible un médico para a atención da totalidade da poboación e de todas as persoas desprazadas que se atopan na localidade. Resulta unha situación grave e de alto risco e que non se pode permitir nunha poboación de 11.000 habitantes que se atopan desatendidos, ao que se engade ser un destino turístico de primeiro nivel sen contar con servizos adecuados.

Dende o Concello do Grove estudaranse medidas para reclamar a responsabilidade dos cargos que crearon esta situación, ao tempo que se lembra que, de producirse algún problema grave, se tomarán medidas legais para que se asuman as posibles consecuencias. A día de hoxe, máis de corenta mil persoas se atopan desatendidas na localidade, co risco que isto supón en termos habituais e coa gravidade de darse esta situación nun momento de posibles contaxios pola pandemia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.