O Concello do Grove selecciona o cartel que anunciará a Festa do Marisco 2020

Ao concurso de carteis da Festa do Marisco presentáronse nesta edición 22 propostas.
Publicado por o día 02/10/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove selecciona o cartel que anunciará a Festa do Marisco 2020

O Concello do Grove seleccionou, finalizado o prazo de presentación do concurso, o cartel da Festa do Marisco de 2020.

A gañadora foi Isabel Núñez, de Salcedo (Pontevedra) coa súa proposta “Origami mariñeiro”. Esta deseñadora proclámase vencedora deste concurso por terceira vez posto que xa gañou o concurso de carteis da Festa do Marisco en 2014 e en 2016. Conta con ampla experiencia posto que no seu currículo figuran tamén primeiros premios en carteis de Redondela, Vigo, Mugardos, Bueu, Meaño, Ponteareas, Cangas, Arbo, Rois, Neda ou A Rúa.

Dende o Concello agradécese a participación neste concurso xa tradicional na Festa do Marisco de cada ano.

Cartaz

Prezos

Plano

Comentar noticia

Your email address will not be published.