O Concello do Grove sobre as restricións de tráfico por mor da celebración do Entroido na localidade

Os cortes e modificacións de trazado serán precisos o sábado e o martes.
Publicado por o día 28/02/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove sobre as restricións de tráfico por mor da celebración do Entroido na localidade

O Grove, 28 de febreiro de 2019. O Concello do Grove informa dos cortes e limitacións de tráfico para o vindeiros sábado 2 de marzo na zona do pavillón de deportes do Monte da Vile e o martes, 5 de marzo no percorrido do desfile de Entroido que afectará á Praza do Corgo e as rúas próximas a Castelao.

O vindeiro sábado 2 de marzo, con motivo do Concurso de Comparsas e dada a gran cantidade de público que atrae este evento, tanto do Grove como de fóra, a Policía Local pon en marcha un dispositivo de control do tráfico coas seguintes restricións para de garantir a seguridade viaria e o desenvolvemento do evento.

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO

A partir das 8.00 horas do venres 1, prohibirase estacionar na portas principais do pavillón para a descarga de material para o concurso.

A partir das 13.00 horas do sábado 2, prohibirase o estacionamento en toda a zona do pavillón (parte dianteira e traseira), afectando as rúas Monte dá Vila e Conricado (os dous lados).

CORTES DE TRÁFICO

Os cortes de tráfico faranse a partir das 18.00 horas do sábado 2 de marzo nas seguintes rúas:

 O Pombal
 Batalla de Lepanto. (Os usuarios dos garaxes accederán e sairán pola rúa Castelao)
 Conricado (desde o pavillón ata a rúa A Vilavella)
 Monte da Vila (desde o pavillón ata o centro de saúde)

A RÚA DAS BOUZAS HABILÍTASE PARA SER DE DOBRE SENTIDO DE CIRCULACIÓN PARA ACCEDER AO CENTRO MÉDICO MENTRES DURE O EVENTO.

Achégase un mapa onde se poden ver, en liñas azuis, o sentido de circulación das rúas abertas ao trafico, así como, en liñas vermellas, as rúas pechadas ao trafico e ao estacionamento.

A través deste escrito comunícase que, por mor do desfile do Entroido previsto para a tarde do martes 5 de marzo de 2019 polas diferentes rúas do centro urbano do Grove, estableceranse as seguintes restricións no tráfico rodado:

PROHIBIDO O ESTACIONAMENTO

Desde as 9.00 horas pecharanse ao tráfico a zona do Corgo e o acceso do Monumento do Mariscador para prohibir o estacionamento, acoutar e organizar a saída do desfile.

A partir das 12.00 horas, prohibirase o estacionamento de vehículos nas seguintes rúas:

1. Rúa Luís Casais, desde o hotel Maruxía ata o cruzamento do Faro.
2. Rúa da Praza, ata O Corgo.

O Concello do Grove colocará valos coa sinalización de prohibido o estacionamento.

CORTE DE TRÁFICO

Desde as 17.00 horas desviarase ou pecharase o tráfico para o desfile nas seguintes rúas:

1. Rúa Beiramar. Cortada ao tráfico desde a estación de autobuses. O tráfico desviarase pola vía portuaria detrás da estación.
2. Rúa Luís Casais. Cortada ao Tráfico. O tráfico interno de Luís Seoane desviarase cara a Confín.
3. Rúa das Barqueiras. Desvíase o tráfico cara a Confín
4. Rúa Batalla de Lepanto. Desvíase o tráfico cara ao Monte da Vila
5. Rúa O Pombal. Cortada ao tráfico.
6. Rúa Castelao. Cortada ao Tráfico.
7. Rúa Luis A. Mestre. Cortada ao tráfico desde a avda. de Portugal cara ao cruzamento principal.
8. Rúa Alexandre Bóveda. Cortada ao tráfico desde a rúa Rosalía de Castro cara ao cruzamento principal.
9. Rúa da Praza. Cortada ao tráfico.
10. Rúa Luís Seoane. Cortada ao tráfico.
11. Rúa Pablo Iglesias. Cortada ao tráfico cara ao cruzamento principal.

Desviarase o tráfico (só turismos) pola rúa do Montiño de Abaixo cara á rúa Alexandre Bóveda e desvío pola rúa da Aguieira.

12. O Corgo. Cortada ao tráfico a vía por diante da Casa do Concello e a vía do

Monumento do Mariscador. O tráfico desviarase polo Paseo de Lordelo. Os cortes de tráfico terán a mínima duración mentres transcorra o desfile, de tal modo que a apertura se fará a medida que transcorra o desfile e a limpeza viaria.