O Concello do Grove solicita unha reunión coa nova Conselleira de Educación para abordar o problema do “Edificio dos mestres”

A situación deste edificio continua empeorando e será preciso tomar medidas ao respecto.
Publicado por o día 06/05/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove solicita unha reunión coa nova Conselleira de Educación para abordar o problema do “Edificio dos mestres”

O Concello do Grove ven de reiterar as súas solicitudes de reunión coa Consellería de educación da Xunta de Galicia neste caso dirixíndose á nova Conselleira que ocupa o cargo. As informacións publicadas hoxe de que a Xunta de Galicia ten activado 26 millóns de superávit para obras en Centros Escolares e forestais fan preciso reiterar as solicitudes xa planteaxas ao respecto. En concreto, a gravidade da situación do edificio dos mestres, que segue en proceso de deterioro, require que a Xunta teña que intervir ao respecto.

Lembramos que na última reunión mantida co anterior Conselleiro e o Xefe Provincial de Educación – coincidindo coa sinatura do convenio para o comedor de Rosalía de Castro, os técnicos da Xunta de Galicia indicaron que, tras a análise da situación do Colexio, este precisaría de maior superficie e por iso ían manter a titularidade do edificio co fin de poder construír un ximnasio, un comedor e incluso aulas de apoio.

Por todo isto resulta importante que a Xunta priorice esta actuación dándolle unha solución para este inmoble. O mal estado do mesmo supuxo que o Concello tivera que facerse cargo de reparacións custosas nos pasados anos e todo apunta a que este problema poida volver a repetirse.