O Concello do Grove volve a ofertar Obradoiros de Cociña para a mocidade

Os cursos serán impartidos polo Obradoiro de Hostalería da Lanzada.
Por o 12/03/2019 | Sección: Galicia,O Grove
O Concello do Grove volve a ofertar  Obradoiros de Cociña para a mocidade
Compartir en:

O Concello do Grove oferta para este mes de marzo e para o vindeiro mes de abril obradoiros de cociña para a mocidade. Trátase de distintas actividades que se desenvolverán nas instalacións da Lanzada e serán impartidas por profesorado a alumnado do Obradoiro de Hostalería municipal.

Os obradoiros comezarán o 23 de marzo en horario de 11.00 a 13.00 horas. Neste caso a proposta está dirixida a rapaces e rapazas de entre 18 e 30 anos e o menú de propostas que aprenderán a cociña estará composto por suxi, tacos, pico de gallo, enchiladas, mojitos e cócteles comestibles. Xa o 15 de abril, tamén no mesmo horario, plantéxase un obradoiro dirixido a rapazada de 11 a 17 anos para aprender a preparar espaguetes, ravioli, pastas variadas e bombóns recheos. Finalmente, o 16 de abril, repetirase o formato da data anterior coa preparación de salsas (boloñesa, carbonara e salsa verde), pizzas e unha sobremesa sorpresa. Todo isto unha vez máis para rapaces e rapazas de 11 a 17 anos.

Todos os obradoiros son de balde e teñen dispoñibles 15 prazas que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. No caso de quedar prazas dispoñibles poderían cubrirse por persoas doutros grupos de idade. A inscrición e a información adicional sobre estas actividades está dispoñible na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) no segundo andar do Concello.

Comentar noticia

Your email address will not be published.